Conde destaca o "compromiso" de Ence coa futura fábrica de papel tisú das Pontes

Mentres, continúa parada a planta de celulosa da compañía en Pontevedra pola seca.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2022 | Actualizada ás 16:19

Comparte esta noticia

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, destaca que Ence "segue traballando sobre a mesma liña" no proxecto de fábrica de biomateriales e de papel tisú nas Pontes, para o que "ten que desenvolver todos os traballos de enxeñaría que lle poidan permitir poder iniciar a tramitación administrativa".

A preguntas da prensa nun acto en Pontevedra, Conde remarcou que a compañía mantén o "compromiso" con este futuro proxecto co que se busca poida "completar" o ciclo de fabricación da súa planta de Lourizán, en Pontevedra, con "unha nova liña de produtos" vinculados á embalaxe e ao propio papel e cartón.

Mentres, continúa parada a planta de celulosa de Ence en Pontevedra pola seca. Respecto diso, o tamén conselleiro de Economía dixo non ter constancia de máis fábricas en Galicia que non estean activas por este motivo. Así mesmo, subliña que "a prioridade" é garantir o consumo de auga aos cidadáns, mentres se traballa para que tamén teñan a necesaria a industria. Valora a aposta das empresas por un consumo de auga "máis eficiente", con maior redución e reciclaxe.

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde. XUNTA
O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta