Ferido un home en Lousame tras envorcar o tractor que manexaba

Foi evacuado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago nun helicóptero medicalizado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2022 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido este venres tras envorcar o tractor que manexaba nunha leira do municipio coruñés de Lousame, e foi evacuado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago nun helicóptero medicalizado.

Segundo informou o 112 Galicia, un particular contactou con Emerxencias pouco despois das 16,30 horas para informar de que había unha persoa ferida tras envorcar o tractor que manexaba nunha leira do lugar de Cabalariza, en Fruíme (Lousame). O alertante informaba de que o vehículo non impedía acceder á persoa ferida, pero que era necesaria a asistencia médica.

O CIAE deu aviso inmediato a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero con equipo médico con base en Santiago de Compostela. Así mesmo, trasladouse a alerta á Garda Civil, Bombeiros de Boiro, o GES de Noia e Protección Civil. O home ferido foi evacuado nunha padiola ata o lugar onde aterrou a aeronave, que o trasladou ao Clínico de Santiago.

Accidente con tractor emborcado
Accidente con tractor emborcado | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta