Guerra política no inicio do curso escolar en Galicia: entre o caos e o "ruído político"

O BNG advirte dun "recorte letal" en educación, o PSdeG de "obstáculos" e o PP acusa a oposición de "facer ruído". Arrinca o curso nas gardarías galegas no seu primeiro ano gratuíto para as familias.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/09/2022 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

Este curso escolar 2022-2023 comeza moi movido e ameaza con ser un dos puntos de confrontación entre Xunta e oposición no Parlamento galego. Así, mentres que socialistas e nacionalistas acusan á Xunta de "recortes letais" e de "obstrucións manifestas", os populares aseguran que a oposición o único que quere é "facer ruído" a conta da educación. 

Un neno asómase ás portas do CEIP Manuel Mallo de Nadela, durante o primeiro día do curso escolar 2021-2022
Un neno asómase ás portas do CEIP Manuel Mallo de Nadela, durante o primeiro día do curso escolar 2021-2022 | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Así, o portavoz parlamentario de educación do BNG, Manuel Lourenzo, advertiu criticou, en rolda de prensa, que a Xunta "se dedicou a dar bandazos" nos últimos anos, "non achegou solucións e chegou sempre tarde e sen propostas concretas". Agora, ve "incomprensible" a "ausencia" de currículos "claros e ben definidos", e censura que o Goberno galego estea "a botar balóns fose" e "instalado no cuanto peor, mellor".

"Cando a maioría das comunidades autónomas teñen os deberes feitos, a Xunta segue no canto peor, mellor", reproba, e incide na situación "aterradora" para as familias nun contexto de inflación "desorbitada", con custos "que non teñen precedentes" nos últimos tempos.

Nun sistema educativo no que, segundo o Bloque, "sete de cada 10 alumnos non recibe ningún tipo de axuda", o nacionalista preguntou "onde están" a Consellería de Educación, o Partido Popular, o presidente galego, Alfonso Rueda e o titular do departamento, Román Rodríguez. Urxiulles, neste punto, a deixar "a manipulación, a mentira e a vaguedade características de cada inicio de curso" e concretar "cantos profesores hai en persoal", excluídos os de reforzo para distintos programas.

Neste sentido, sinalou que "falan de 31.000 profesores e están a mesturar profesores de persoal e profesores de programa, de reforzo", co obxectivo de "maquillar un dato que lles deixa en evidencia".

PSdeG

Pola súa banda, o portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, acusou á Xunta "obstruir" o desenvolvemento dos currículos educativos para o novo curso como "elemento de confrontación" contra o Goberno central. Por iso, reclama que "deixe de sementar dúbidas" coa educación.

En rolda de prensa no Parlamento, recriminou ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e ao seu departamento estar "nunha deriva sen precedentes" ao asegurar que vai ser un inicio de curso educativo "caótico". "Se vai ser caótico", avisa, "o único responsable" será o conselleiro.

Neste sentido, acusa as comunidades do PP, particularmente a Galicia, de non publicar os currículos educativos para este curso como "un elemento de confrontación" contra o Goberno, posto que outras como Cantabria, Aragón ou Navarra si o fixeron.

Álvarez remarca que o sistema educativo está "habituado" aos cambios de currículos, como ocorre agora coa nova lei de educación (Lomloe). Apunta que o Estado establece uns borradores de currículos que coñecen as comunidades, pero "ese traballo en paralelo" da Xunta "non se fixo dunha forma adecuada nesta comunidade autónoma".

De tal forma, afea que hai "unha vontade clara de dinamitar o inicio de curso para trasladar á comunidade educativa unha sensación de caos", pero opina que esta situación non se producirá grazas á "profesionalidade" desa comunidade educativa.

PPdeG

Pola súa banda, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, respondeu aos grupos da oposición con acusacións sobre "xerar ruído" coa "idea falsa" de que hai recortes no sistema educativo galego. En rolda de prensa, Puy afirmou que, se hai algún atraso das editoriais cos libros de texto, "é un problema que se vai a liquidar nos primeiros días de curso".

Pola súa banda, cualificou de "excesivas" e "alarmantes" as declaracións de BNG e PSdeG "sobre os posibles problemas do sistema educativo galego" estes días. "Queremos subliñar que o sistema educativo galego está a dar uns resultados moi bos", defendeu, antes de sinalar aos indicadores que permiten comparar comunidades e o sistema español con outros.

Neste punto, tamén aproveitou para "lembrar" que o sistema educativo galego conta con mellores cocientes, segundo o PP, debido á redución de alumnos e o mantemento de docentes. En concreto, cifrou en 15.000 a redución de alumnos en infantil e primaria, en relación ao curso prepandemia, e en 5.000 desde o ano pasado. "E ao mesmo tempo hai 130 aulas máis de infantil e primaria que antes da pandemia", resaltou.

Así mesmo, reivindicou que a Xunta "fai fronte aos gastos derivados do inicio do curso nun momento de forte inflación" no que, criticou, o Goberno central "decidiu cambiar un número importante de libros", unha reforma "inoportuna".

GARDARÍAS GRATUÍTAS

As gardarías galegas comezaron este luns o inicio do curso escolar que este ano vén acompañado dunha novidade, e é que, as prazas son subvencionadas por fondos públicos para todas as familias. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, desprazouse ata unha escola no Pino, onde destacou que os "máis pequenos teñen un magnífico coidado" neste tipo de centros.

Con esta medida, "absolutamente gratuíta", poderán beneficiarse 30.000 familias, que se aforrarán unha cantidade de entre 1.500 e 2.000 euros ao ano, en concepto do pago mensual das prazas.

Rueda remarcou que está medida "é pioneira" en todo o Estado e para a cal o Executivo galego investirá máis de 50 millóns de euros por curso. O que supón que, a partir de agora, e "seguramente para sempre", as familias poidan ter acceso a estas medidas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta