Detido o presunto autor dos incendios que devastaron o Barbanza en agosto

Foi grazas a colaboración cidadá.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2022 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Autonómica identificaron ao presunto autor de dous incendios forestais intencionados rexistrados o pasado mes de agosto no municipio coruñés da Pobra do Caramiñal.. n concreto, informaron, os lumes tiveron lugar entre o 5 e o 14 de agosto e calcinaron uns 3.600 metros cadrados de superficie arboredo.

Os incendios foron provocados en días diferentes preto dunha área recreativa con zona boscosa, un a cada lado do camiño e aproveitando a dirección do vento para conseguir a propagación efectiva das chamas.

No decurso da investigación foi fundamental a colaboración cidadá, xa que a declaración de testemuñas posibilitou a identificación e detención do presunto autor. A Policía Autonómica remitiu as dilixencias polos feitos ao Xulgado de Ribeira. No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas 42 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Un helicóptero traballa nos labores de extinción dun incendio
Un helicóptero traballa nos labores de extinción dun incendio | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta