A Xunta reduce a protección de petroglifos para que ex-alcalde faga unha casa

O Goberno Galego tamén permite mover no mapa o xacemento prehistórico para que o ex-edil José Recuna poida construír unha vivenda unifamiliar na súa finca.

Por M.V. | Vilagarc´ía | 21/09/2014 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental aprobou recentemente a "modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para corrixir o ámbito de protección do xacemento arqueolóxico 4 PHA" en Vilagarcía. Na práctica, isto supón desprazar no plano Os  Petroglifos dos Meadelos e abrir a porta a reducir o radio de protección ao redor do xacemento, até só dez metros.

Pedra dos Ballotes, próxima aos petroglifos de Meadelo
Pedra dos Ballotes, próxima aos petroglifos de Meadelo | Fonte: CASTROVILAR patrimoniogalego.net

A declaración é produto dunha solicitude do exalcalde socialista José Recuna Villaverde, segundo informou María López en Faro de Vigo. O primeiro edil de Vilagarcía na democracia pretende construír unha casa na finca na que estás os xacementos.

A polémica non xira en torno a reubicación no plano dos petroglifos, que semella están mal ubicados no catálogo oficial da Dirección Xeral de Patrimonio. O máis relevante é que a Xunta autoriza a posíbel redución do ámbeto de protección integral ao redor deles. 

Os petroglifos están no centro da finca e a casa que pretende facer o ex-político non os afectaría directamente. Con todo, hoxe por hoxe a construcción sería ilegal porque afectaría  ao perímetro de protección integral que especifica a Lei. Coa luz verde da Xunta, o Concello de Vilagarcía pode limitar ese perímetro, permitindo a construcción do inmóbel a só dez metros dos grabados.

O BNG local xa se pronunciou en contra. O concelleiro Xabier Ríos argumenta que ademais dos petroglifos localizados oficialmente hai máis xacementos na contorna, algúns a só 100 metros como Os Ballotes, polo que solicitará que se amplíe o perímetro de protección. Recentemente atopáronse novos xacementos moi próximos aos Ballotes e aos Meadelos.

Os petroglifos de Os Ballotes-Meadelos (no Salgueiral, Bamio, Vilagarcía) son un dos primeiros estudados polos historiadores do país. A principios do século XX tamén foron visitados polo investigador alemán Hugo Obermarier.

Así e todo, o principal argumento da Xunta para "posibilitar a construción dunha vivenda unifamiliar nas inmediacións do ámbito" debido a que os petroglifos "non son moi importantes debido a que posúen un único motivo cada unha delas e os gravados están bastante erosionados". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Devasas

En galego non existe "finca" para nos referir a unha leira, campo, terreo, parcela...

1 Pablo Lojo

Vergonza teria que darlle a estes delincuentes.