Dado de alta o porteiro dun local de lecer da Coruña agredido con arma branca por outro home

O detido ingresará en prisión por un delito de lesións.

Por E.P. | A CORUÑA | 07/09/2022 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

O porteiro dun local de lecer da Coruña agredido con arma branca por outro home foi dado de alta tras o seu ingreso no complexo hospitalario coruñés (Chuac). Así o informaron a Europa Press fontes hospitalarias despois de ser trasladado ao hospital por unha agresión que se produciu na madrugada do domingo ao luns e que se saldou coa detención dunha persoa.

Tanto fontes da Policía Nacional como do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) precisaron que a posta a disposición xudicial estaba prevista na xornada deste mércores. Os feitos, que agora se investigan, producíronse un local situado no recinto Cantóns Village. O home foi detido por axentes da Policía Nacional tras unha agresión na que tamén resultaría lesionada outra persoa.

Un coche da Policía Nacional
Un coche da Policía Nacional | Fonte: Policía Nacional.

ENTRADA EN PRISIÓN

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 6 da Coruña, en funcións de garda, decretou o ingreso provisional, comunicada e sen fianza, para o home detido pola agresión a un porteiro dun local de lecer da cidade herculina.

Así o informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) tras o pase a disposición do detido no transcurso desta mañá. O home está investigado por un delito de lesións agravadas por uso de arma branca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta