Denuncian que Sada exclúe o galego das bases da oferta de emprego público

FAC-USO critica tamén o "cobro de taxas ás persoas con dicapacidade".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2022 | Actualizada ás 20:42

Comparte esta noticia

A Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira en Galicia (FAC-USO Galicia) vén de anunciar que interpuxo recurso de reposición contra as Bases Xerais da Oferta de Emprego Público (OEP) de 2019. Nun comunicado, USO asegura que as achegas do sindicato "caeron en saco roto" na Mesa Xeral de Negociación. 

Concello de Sada
Concello de Sada | Fonte: paxinasgalegas

Entre elas, denuncia a "existencia de exercicios obrigatorios pero non eliminatorios", a omisión  do Real Decreto 896/1991, que regula as regras básicas e os programas mínimos aos que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración Local; a "esixencia de proba de coñecemento de castelán e non de galego", "co que se vulnera a Constitución española, o Estatuto de Autonomía de Galicia e a Lei de normalización lingüística"; e o "cobro de taxas ás persoas con dicapacidade".

O sindicato USO acusa o Concello de Sada de "discriminar estas persoas" e asegura que se trata "practicamente da única Administración que non lles exime do seu pago". Ante estas denuncias, USO insta que se declare a "nulidade de pleno dereito de varias das súas previsións", sen ter que esperar aos pronunciamientos xudiciais firmes, con advertencia de que, paralelamente, se "accionarán outras instancias que a Sección Sindical do USO considere oportunas". "No Concello de Sada, o pacto social é papel mollado", sentenzan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta