Piden a dimisión de cargos do Sergas por ter intereses na sanidade privada

CC.OO denuncia que a política sanitaria da Xunta está “deseñada desde lobbies”, como SEDISA, da que forman parte o xerente do hospital de Vigo e o director do da Coruña.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/09/2014 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras de Galicia denuncia a existencia dun “conflito de intereses públicos e privados” por parte de directivos do Servizo Galego de Saúde -Sergas-, xa que a Xunta non lles esixe dedicación exclusiva. “Isto só pode entenderse como unha apertura de portas á privatización da sanidade pública”, denuncia.

Alberto Núñez Feijóo e Rocío Mosquera, conselleira de Sanidade
Alberto Núñez Feijóo e Rocío Mosquera, conselleira de Sanidade | Fonte: xunta.es

Segundo a análise realizada por este sindicato, a Consellaría de Sanidade executou a política sanitaria “deseñada desde lobbies” como a Sociedade Española de Directivos da Saúde (SEDISA), da que forman parte o xerente do hospital de Vigo, Mario González, ou o director do da Coruña, Ramón Ares.  “Semella difícil que defendan a sanidade pública ao tempo que participan en estratexias privatizadoras que, por outra parte, son bendicidas pola propia Consellaría”, critica.

Por iso, destaca que esta situación xera “conflito de intereses: incremento das listaxes de espera reais tras o verán, peches de camas e quirófanos, centros sanitarios deteriorados e investimento de diñeiro público en equipamentos e servizos privados”.  Neste sentido, considera “imprescindible” a dimisión de todos os xestores públicos “que formen parte deste tipo de grupos de presión”.

Ademais, e ante a inminente remuda da xerente do Sergas, Nieves Domínguez, CC OO lembra que a política sanitaria da Xunta estivo nos últimos cinco anos “ao servizo das empresas privadas da sanidade e das empresas farmacéuticas”. Para o sindicato, tanto Domínguez como a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, así como o director xeral de Asistencia Sanitaria, Félix Ruibal, “son responsables da privatización, dos recortes e do endebedamento da sanidade pública”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Miñotauro

dimisión... de todos empezando polo emperador frijoles 1º e polo marijuano e polo autoproclamado rei felipote 6, nin siquera tuvo a valentía de poñer o cargo a disposición dos cidadans en votación....