Bombeiros liberan unha muller atrapada e ferida no seu coche nun accidente en Oroso

Ocorreu no lugar do Empalme.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/09/2022 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

Unha muller tivo que ser liberada do seu coche polos bombeiros tras sufrir un accidente no lugar do Empalme, no concello coruñés de Oroso.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Ao redor das 10,00 horas, o 112 recibiu o aviso dunha saída de vía. Solicitaron a intervención dos bombeiros debido á situación na que quedou a única ocupante do vehículo, xa que tiña dificultades para desenganchar o cinto de seguridade, ao que se sumaba a posición envorcada do turismo.

Tras liberar a ferida, o equipo médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mesmo enviou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, ofreceu os primeiros coidados antes do traslado da ferida en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Para completar este operativo, os xestores do 112 Galicia pediron a colaboración dos axentes de seguridade da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta