A nova educación infantil en Galicia incluirá contidos sobre "tradicións e valores" galegos

Luz verde da Xunta ao decreto do currículo da educación infantil adaptado á LOMLOE.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2022 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

O Consello deu luz verde este xoves ao decreto polo que se establece o currículo da educación infantil en Galicia adaptado á nova lei, a LOMLOE. Será publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) "os próximos días", segundo a Xunta.

Na comparecencia posterior á reunión semanal do Goberno autonómico, o presidente galego, Alfonso Rueda, valorou a "superación de todos os problemas derivados da entrada en vigor desta lei" e referiuse tamén ao "atraso" do Executivo central "á hora de elaborar os currículos para que as comunidades autónomas" puidesen facer os seus. En calquera caso, reivindicou que Galicia "fixo os deberes a tempo" e o pasado mes de abril presentou "todos", aínda que, puntualizou, non estaban aprobados "de forma formal".

"Había que presentalos", sinalou, para que profesores puidesen organizar o curso e as editoriais preparar os libros de texto. Agora "quedan uns trámites para aprobalos de forma formal" e o Consello deu luz verde este xoves ao "primeiro destes decretos, que é o currículo da educación infantil".

Entre outras novidades, referiuse a a inclusión de contidos relativos á cultura galega --como tradicións, valores e costumes propios-- e ao feito de facer "especial fincapé" na introdución cada vez máis temperá da lectura, xunto ao impulso á educación dixital, estilos de vida saudable e un maior peso ás tutorías, entre outros aspectos..

ADHESIÓN ESCOLA INFANTIL

Por outra banda, o Consello aprobou o convenio de adhesión á gratuidade da escola infantil Breogán da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Dotado con máis de 150.000 euros para cubrir os gastos das prazas infantís que oferta durante todo este curso, trátase dun acordo específico ao tratarse dun centro "singular" desde o punto de vista da súa titularidade e xestión.

Tres nenas entran na escola nun CEIP
Tres nenas entran na escola nun CEIP | Fonte: Marta Fernández Jara - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta