Rueda reivindica que a Xunta é "áxil" fronte o Goberno central no aproveitamento dos fondos estruturais

O Goberno galego executou máis do 80% dos 1.300 millóns dos recursos correspondentes ao período 2014-2022, segundo recolle un informe da Consellería de Facenda

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2022 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

O Goberno galego executou máis do 80% dos 1.300 millóns de fondos estruturais correspondentes ao período 2014-2022, segundo recolle un informe da Consellería de Facenda que viu este xoves o Consello da Xunta.

Na presentación destes datos, o presidente autonómico, Alfonso Rueda, reivindicou que a súa administración está a ser "áxil" e "dilixente", fronte á central, a cuxos dirixentes mostrou "preocupación" para aproveitar os recursos habilitados por Europa para facer fronte aos efectos da pandemia.

O documento de Facenda recolle este "alto nivel de execución", por mor do cal Rueda denunciou non coñecer "a día de hoxe" canto e onde está a executar o Goberno central. A estas cantidades, Rueda engadiu os 440 millóns de fondos 'React', tamén executados ou comprometidos en "unha alta porcentaxe", en concreto do 75%, segundo os seus números.

Neste punto, pasou a referirse a os fondos 'Next Generation', dos que Galicia recibiu a día de hoxe, segundo indicou, 764 millóns, un 60% do anunciado, e a Xunta xa puxo en marcha proxectos por "dúas terceiras partes". "Queremos ser especialmente dilixentes e estamos preocupados vendo que a día de hoxe, dos 33.000 millóns anunciados, dos 55.000 que vai manexar o estado, anunciáronse 33.000 pero só están convocados 6.600 a través dos PERTE, máis outras asignacións directas que ás veces che decatas vendo o BOE", criticou.

Este é á súa maneira de ver un "dato preocupante que profunda na reclamación de que isto se descentralice máis para poder facer as convocatorias" nas comunidades autónomas. Pola contra, "sería moi lamentable que o diñeiro non lle aproveite a ninguén".

INSERCIÓN LABORAL

Por outra banda, o Goberno galego destinará 24,1 millóns no período 2022-2023 ás axudas dirixidas a favorecer a empregabilidade das persoas con discapacidade a través dos centros especiais de emprego. Esta contía supera nun 20,9% o orzamento inicial da anterior convocatoria, destaca a Xunta, que espera beneficiar a máis de 3.700 traballadores e crear máis de 100 postos de traballo indefinido.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, durante unha entrevista para Europa Press, no seu despacho de San Caetano,  Xunta de Galicia, a 5 de agosto de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Alfonso Rueda é o presidente d. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, durante unha entrevista para Europa Press, no seu despacho de San Caetano, Xunta de Galicia, a 5 de agosto de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Alfonso Rueda é o presidente d. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta