O presidente da Xunta non fará seguidismo de Ayuso tras a morte de Isabel II: "En Galicia non imos facer loito"

Di que xa "trasmitíu" este xoves o pésame en nome dos galegos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2022 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, descartou decretar días de loito pola morte da monarca británica Isabel II, preguntado pola decisión da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso. "Cada un toma as súas decisións. Por tanto non me podo meter. En Galicia non o imos a facer", afirmou.

En calquera caso, Rueda precisou que "iso non quere dicir" que a Xunta non senta "pesar" polo falecemento. Neste sentido, reiterou o "pésame e acompañamento a tanta xente" que o "lamenta".

"Onte transmitía en nome da inmensa maioría do pobo galego noso pésame ao pobo británico e á familia real", lembrou, en relación á "desaparición dunha figura histórica que tiña o aprecio do seu pobo".

Neste sentido, apuntou ás "manifestacións de pesar e de botala de menos" e insistiu en trasladar o "pésame e acompañar a quen están entristecidos pola morte dunha figura histórica, a última gran monarca no sentido de que levaba moitísimos anos".

A RAÍÑA ISABEL II EN IMAXE DE ARQUIVO. CONTACTOPHOTO
A RAÍÑA ISABEL II EN IMAXE DE ARQUIVO. CONTACTOPHOTO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta