Fronteiras

O acontecido en Escocia, a maiores da repercusión que ten para os afectados directos, ten manifestamente unha gran transcendencia no noso continente e nomeadamente en España.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 23/09/2014

Comparte esta noticia

Ó fin, a mirada de Europa, máis concretamente da Unión Europea, estivo posta neste proceso dende que principiou, como inevitablemente tamén é o caso de Cataluña. E os escoceses dixeron non, con máis contundencia do que auguraban as enquisas ademais. Tratábase de reestablecer fronteiras. E iso, tanto no Reino Unido como en España, equivale a sopesar si é máis o que nos une ou o que nos separa; a confrontar corazón e cabeza ou o que o mesmo é, sentimento e razón. Ese era e é o debate. Equivocado, coido. Non resultaría máis productivo encauzar ese sentimento nacionalista, inicialmente lexítimo e ata necesario, hacia a unión? Non sería máis ventaxoso profundizar nas coincidencias que nas diferenzas?.

O debate aberto, falemos de Escocia ou de Cataluña, abre ou quizais pecha camiños a reivindicacións semellantes en diversos puntos de Europa. E inexorablemente no punto de mira está Ucrania, con todos os particularismos que a niguén se lle escapan. E para min esa mirada leva aparellada unha vista atrás e unha igualmente inevitable referencia ó acontecido nos Balcáns, consecuencia precisamente do reestablecemento das fronteiras. Teñamos presente que a autodeterminación, e o posterior proceso de secesión ó que está vencellado, contraponse á mesma idea de Eurora, que aposta por integrar estados e non por fragmentalos. Os mesmos promotores destas iniciativas separatistas caen na contradicción ó autoproclamarse, sen dúbidas ademais, defensores a ultranza do europeísmo.

Os escoceses, como ben dixo o presidente Rajoy, optaron pola integración, a apertura, a estabilidade e a seguridade e rexeitaron a segregación, o aillamento, a incerteza e o risco. Teñamos presente o seu exemplo. Pero, en calquera caso, non esquezamos tampouco que o debate, só xa a súa formulación, debilita, por si mesmo, a idea de Europa. Hai diferenzas obvias entre Escocia e Cataluña, principiando porque a consulta prevista aquí é ilegal, pero quero salientar que o grao de autonomía de Cataluña é moito maior do que terá Escocia tras dicir non.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog