O sindicato USO reclama contratar persoal todo o ano para previr incendios forestais

Lembra que "se está obrigando ao persoal a prolongar a súa xornada laboral máis aló das 12 horas".

Por E.P. | A CORUÑA | 09/09/2022 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

A Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira en Galicia (FAC-USO) reclama á Consellería de Medio Rural a contratación de persoal para o servizo de prevención contra incendios forestais (SPIF), durante todo o ano, "e non só nove ou mesmo seis meses".

Desde FAC-USO denuncian "outro incumprimento máis do convenio colectivo, pois temos constancia de que, nalgún distrito foresta se comezou, estes días, a realizar labores de prevención, cando en época de perigo baixo se debe facer prevención e extinción, mentres que agora, de perigo alto, procede vixilancia e extinción".

Ademais, sinalan que xa denunciaran "que se está obrigando ao persoal a prolongar a súa xornada laboral, máis aló das 12 horas, e que se deron casos de só dous ou tres brigadistas, falta de motobombistas, por non cubrir as baixas e as prazas vacantes".

"Dos tres factores que determinan un lume (temperatura, humidade e combustible), a Consellería de Medio Rural esperou a principios de setembro para actuar sobre a masa forestal, realizando agora a prevención, cando hai varios meses debeu ordenar rozar os montes, facer devasa ou diminuír a vexetación combustible acumulada".

En base a todo iso, esixen á Consellería a contratación deste colectivo profesional durante todo o ano, "porque, aínda que os incendios se producen, en maior medida, no verán, a prevención debe realizarse ao longo dos 12 meses, período no que deben prestar servizo, sen necesidade de encomendar estas tarefas exclusivamente ás brigadas municipais".

Arquivo - Un membro das Brigadas de Reforzo en Incendios Forestais (BRIF). Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Un membro das Brigadas de Reforzo en Incendios Forestais (BRIF). Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta