Os drons volven saír á procura do octoxenario desaparecido en Friol

O seu vehículo foi localizado preto da súa casa.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/09/2022 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

O equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) volve a Friol para colaborar coa Garda Civil na procura do octoxenario desaparecido neste concello.

Na medianoite do pasado domingo, os axentes de seguridade contactaron co 112 Galicia, segundo informan eles mesmos, co fin de reunir os medios necesarios para tratar de localizar o veciño que faltaba do lugar de Manxadoiro.

Tras varios días na súa procura, os drons incorpóranse de novo ao dispositivo retomado pola Garda Civil para tentar dar co paradoiro deste veciño, cuxo vehículo foi localizado preto da súa casa.

Así, dúas patrullas do corpo de seguridade, os técnicos da AXEGA e ao redor de 15 civís participan nas labores de busca deste home.

Dron
Dron | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta