Agosto, un moi bo mes para o turismo en Allariz

A Oficina Municipal de Turismo atendeu durante o pasado mes un total de 7799 consultas. A gran maioría das persoas que visitaron a vila chegaron de territorios do Estado, e só un 7% viñeron doutros países.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 13/09/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Das case 8 mil persoas que visitaron Allariz en agosto, o 93% procedían do Estado e o resto, un 7%, eran internacionais. De novo, e como vén sendo habitual segundo indican fontes do concello, a gran maioría das persoas que pasaron por Allariz ese mes son de procedencia nacional, coa seguinte distribución nas súas orixes: Madrid, Cataluña, Andalucía, País Vasco e por suposto de Galicia, entre outras. No que se refire a turistas internacionais, estes proceden de Portugal, Francia e América do Sur, principalmente.

Concerto de De Vacas na Festa da Empanada. Foto: Prensa Concello de Allariz
Concerto de De Vacas na Festa da Empanada. Foto: Prensa Concello de Allariz

Segundo María López, concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo, "os datos da Oficina Municipal de Turismo evidencian como no mes de agosto os turistas seguen apostando por visitar Allariz e gozar da nosa contorna así coma das actividades".

O seu casco vello, o patrimonio cultural, o Festival Internacional de Xardíns, un coidado comercio e unha variada e ampla programación de actividades que verán, son algúns dos atractivos que levaron xente a Allariz en agosto.

Dende o Concello de Allariz lembran que os datos recollidos na Oficina de Información soamente reflicten unha porcentaxe das visitas que desta tempada, co cal o número de turistas reais que visitaron a vila do Arnoia foi moito maior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta