O prezo da vivenda de aluguer sobe un 3,3% en Galicia en plena crise

Representa tamén unha subid do 0,18%, respecto ao mes de xullo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2022 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

O prezo da vivenda de aluguer en Galicia subiu un 3,3% en agosto en comparación co mesmo mes de 2021, segundo Pisos.com. De tal forma, tivo un prezo medio de 5,63 euros por metro cadrado en Galicia, o que representa tamén unha subida, de 0,18%, respecto ao mes de xullo.

Na comparativa interanual, a provincia da Coruña rexistrou a cuarta maior subida do país (+14,3%). Ourense (-9,98%) foi a cuarta provincia que máis caeu do país. O incremento interanual do 3,3% en Galicia é inferior ao avance medio do 5% en España, cun prezo medio de 10,19 euros por metro cadrado.

DATOS ESTATAIS

O director de Estudos de pisos.com, Ferran Font, indicou que se confirma o encarecemento dos alugueres en España. "Ser inquilino hoxe é máis caro que hai un ano en todas as capitais de provincia, excepto en cinco", engadiu.

O informe mensual de pisos.com mostra que as comunidades máis caras para vivir de aluguer en agosto de 2022 foron Madrid (13,56 euros o metro cadrado); Baleares (12,65 euros) e Cataluña (11,76 euros), mentres que as rendas máis económicas rexistráronse en Castela e León (4,73 euros), Estremadura (5,26 euros) e Castela-A Mancha (5,49 euros).

Cartel de alugueiro dun piso
Cartel de alugueiro dun piso | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta