Temas: SERGAS SANIDADE

A nova responsable de Planificación e Reforma Sanitaria recoñece a "situación complexa"

Sofía López tomou posesión do seu cargo e ve "un bo momento para arrimar o ombreiro".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/09/2022 | Actualizada ás 16:27

Comparte esta noticia

Sofía López tomou posesión este luns como nova directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria e sinalou que, aínda que a sanidade estea nunha "situación complexa", é un "bo momento para arrimar o ombreiro".

O conselleiro de Sanidade , Julio García Comesaña, no acto de toma de posesión da nova directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Sofía López Linares
O conselleiro de Sanidade , Julio García Comesaña, no acto de toma de posesión da nova directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Sofía López Linares | Fonte: Xoán Crespo - Xunta de Galicia.

López é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Oviedo e era xefa de servizo no centro de saúde Illas Canarias de Lugo desde 2015. Agora, toma a substitución de Estrela López-Pardo, quen é desde agosto xerente do Sergas.

Nun acto na Consellería de Sanidade, López, que xurou o cargo, agradeceu a "confianza depositada". Ademais, remarcou que "é un reto ilusionante e de gran responsabilidade" o de continuar co proceso transformador do sistema sanitario que iniciou a consellería.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, interveu na cerimonia e remarcou os 30 anos de traxectoria de López. Tamén, enxalzou que nos últimos anos "viviu máis que nunca" a conexión co servizo no seu anterior posto. Así, pediulle que "aínda que cambie de posto, non saia da consulta" para ouvir aos pacientes e ao persoal sanitario.

Comesaña destacou que durante ese período López "demostrou saber traballar en equipo, coordinar as distintas categorías que traballan en Atención Primaria, entender e colaborar cos servizos hospitalarios e saber aproveitar e sacar partido dos proxectos que parten da consellería".

Así mesmo, puxo de manifesto que o "afán de innovar e de mellorar" de López deu pé a que o centro de saúde no que traballaba fose dos primeiros en implantar o Plan de Atención Integral da Demanda (XIDE).

Temas: SERGAS SANIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta