Temas: 061 ACCIDENTE

Atendidas 70 persoas en 60 accidentes durante a fin de semana

Houbo un morto.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/09/2022 | Actualizada ás 16:17

Comparte esta noticia

O 061 atendeu 70 persoas en 60 accidentes de tráficos rexistrados a pasada fin de semana. En concreto, a central da Estrada recibiu 66 chamadas por sinistros.

Helicóptero medicalizado do 061. @HELICOSANTIAGO
Helicóptero medicalizado do 061. @HELICOSANTIAGO | Fonte: Europa Press

O domingo foi o día con máis sinistros, cun total de 26 accidentes de tráfico. Por provincias, 23 tiveron lugar na Coruña, 22 en Pontevedra, oito en Lugo e sete en Ourense.

De tal forma, mobilizáronse 68 recursos sanitarios. As ambulancias de soporte vital avanzado acudiron a sete accidentes, mentres que as ambulancias asistenciais de soporte vital básico fixeron o propio en 56 sinistros.

En 58 casos, os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes. En 11 ocasións, atendeuse no propio lugar do accidente, á vez que unha persoa faleceu no punto do accidente.

Temas: 061 ACCIDENTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta