A Xunta insiste en que "por agora" sufraga bonificacións ao autobús porque o Goberno central "non achegou nin un euro"

O Estado debe asumir o 30% do custo do billete.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/09/2022 | Actualizada ás 16:31

Comparte esta noticia

A Xunta insistiu en que "por agora" sufraga o custo das bonificacións do 50% no autobús autonómico porque o Goberno español "non achegou nin un euro para financiar a iniciativa".

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Infraestrutruas e Movilidade, Ethel Vázquez, no acto con motivo do primeiro aniversario da Tarxeta Xente Nova
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Infraestrutruas e Movilidade, Ethel Vázquez, no acto con motivo do primeiro aniversario da Tarxeta Xente Nova | Fonte: Ana Varela - Xunta de Galicia.

O Executivo autonómico volveu replicar ao delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, quen demandou outra vez "lealdade institucional" á Xunta ao entender que trata de "apropiarse" deste plan de descontos, no que o Estado asume o 30% do custo do billete e as administracións competentes teñen a opción de complementalo ata alcanzar o 50%.

"A día de hoxe o Goberno de España continúa sen concretar os fondos e sen achegar o diñeiro para financiar unha iniciativa que anunciou en xuño", sostén a Xunta, que asegura que as bonificacións funcionan, ademais de en o transporte autonómico, nos barcos da ría de Vigo e nos Feve da comarca de Ferrol, así como tamén nos servizos de transporte urbano de Ferrol e Pontevedra, que presta a Administración autonómica.

Ademais, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade replica a Miñones que "é a Xunta a que asume maioritariamente a bonificación aos ususarios" na liña entre A Coruña e Betanzos

"Cando o Goberno de España resolva as axudas e transfira á Xunta o diñeiro das bonificacións do 30% comprometidos e polos que aínda está a esperar, a Administración estatal subvencionará 0,80 euros, mentres que a Xunta seguirá asumindo máis do dobre dese aforro que lle supón aos usuarios, 2 euros de bonificación", continúa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Rusé Lopez

Xa está ben de botarlle a culpa aos demáis. Sexan vostedes responsables. Compórtense como adult@s... Estamos fartos de xente pouco preparada, tanto personal como profesionalmente. Deixen de pagar tanto asesor externo e recurran aos funcionarios, que para iso están, desechando adrmais ser útiles. Claro que lles terían que pagar dignamente....

1 M. Rosa Michelena Seivane

Subvención e axudas son sempre necesarias nun estado social pero o que resulta indignante e insulta a intelixencia é o "café para todos". Como é posible que unha gardería, os libros escolares... ou os bonos de transporte e gasolina sexan subvencionaos coa mesma cantidad para un fogar que ingresa 6000 € que para o que ingresa 1000 €. En fin... Progresividade fiscal, señores... Etc, etc, etc,...