Formoso avisa de que Galicia se ten que "preparar" ante os "efectos prolongados" da guerra nos prezos

Para o secretario xeral do PSdeG este contexto "obriga" aos cargos políticos a "axilizar", "optimizar" e "dedicarse todo o máis importante" aparcando "cuestións menores".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2022 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, advertiu que a sociedade galega debe "prepararse" ante os "efectos prolongados" que terá a guerra de Ucraína, xa que este conflito "vai para longo". Así o manifestou despois de manter este martes un encontro co Alto Representante da Unión para Política Exterior e de Seguridade, Josep Borrell, no marco da súa viaxe a Estrasburgo.

En declaracións aos medios tras o encontro, Formoso manifestou que Borrell lle trasladou que o conflito bélico "vai para longo" e que a sociedade europea e galega debe "prepararse para uns efectos prolongados" da guerra "sobre todo nos prezos, tanto dos combustibles como dos alimentos".

Para o tamén presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, este contexto "obriga" aos cargos políticos a "axilizar", "optimizar" e "dedicarse todo o máis importante" aparcando "cuestións menores".

Ao seu xuízo, é tempo de exercer a política "da mellor maneira posible e coa maior altura de miras e compromiso co país", polo que convidou á Xunta a abandonar a estratexia de "confrontación permanente que deixou (Alberto Núñez) Feijóo e herdou (Alfonso) Rueda".

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, xunto ao Alto Representante da Unión para Política Exterior e de Seguridade, Josep Borrell. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, xunto ao Alto Representante da Unión para Política Exterior e de Seguridade, Josep Borrell. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Detrás de Borrell temos á presidenta do PSOE, Cristina Narbona https://es.wikipedia.org/wiki/Crist... Sempre que algún mediocre chega ao Centro do Poder empoleirase coma se non tivemos máis futuro ca súa MIOPIA POLÍTICA ! O triste é que Europa é lenta demasiado lenta... Salvando as distancias esta parella lembra a outra parella que goberna Nicaragua (Ortega~Murillo) a diferencia fundamental é que con Borrell a Guerra con Rusia e con China é algo INEVITABLE ! Outros sempre pensamos que ese tipo de guerras ocultan negocios inconfesables ! Pero nunca resolven absolutamente nada ! Destrucción e morte son a salsa dos enterradores ! Borrel & Narbona & Sánchez ! Cheiran a morto !!!