Francisco Conde substituirá a responsable de Política Social durante a súa baixa por maternidade

A propia Fabiola García comunicou en redes sociais o nacemento do seu segundo fillo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2022 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, substituirá á responsable de Política Social e Xuventude, Fabiola García, durante a súa ausencia por baixa por maternidade.

Así o recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG) despois de que a conselleira dese a luz ao seu segundo fillo, como ela mesma publicou en redes sociais. En concreto, precísase que o despacho dos asuntos desta Consellería pasarán a depender do vicepresidente primeiro pola "ausencia temporal" da conselleira "por razóns de maternidade".

Francisco Conde asumirá todas as funcións ata a reincorporación da conselleira, que publicou unha foto con Manuel, o seu segundo fillo, e trasladou ao persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) o seu agradecemento por coidalos "tanto e tan ben".

A conselleira de Política Social, Fabiola García, comparece no Parlamento.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
A conselleira de Política Social, Fabiola García, comparece no Parlamento.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta