A pandemia reduciu as rendas das mulleres un 4% máis que as dos homes

A Xunta aposta por "avanzar" na igualdade entre mulleres e homes do mar para impulsar o recambio xeracional e a competitividade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2022 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

A pandemia reduciu as rendas das mulleres un 4% máis que as dos homes, segundo recolle o informe 'Mulleres, traballos e coidados: propostas e perspectivas de futuro', elaborado polo Consello Económico e Social de España que se presentou este mércores en Marín.

O Consello lamenta que as políticas sociais "non puidesen impedir que o impacto global da crise fose maior nas mulleres", polo que subliña a necesidade de "seguir avanzando desde unha perspectiva de xénero máis a longo prazo". En especial, recalca "a importancia de proseguir fomentando a implantación, desenvolvemento e aplicación efectiva de medidas dirixidas a reducir a brecha salarial e a das pensións para lograr a igualdade efectiva entre mulleres e homes".

Nun acto celebrado no museo Manuel Torres da localidade pontevedresa, a conselleira do CES Elena Blasco, presidenta da comisión de traballo que redactou o documento, presentou as principais conclusións e propostas do organismo consultivo en presenza de distintos representantes da sociedade civil, do presidente do Consello, Antón Costas, e do presidente do CES-Galicia, Agustín Hernández.

A presentación foi seguida dun coloquio entre traballadoras de distintos ámbitos do sector do mar e a xornada pechouse cunha intervención da conselleira do Mar, Rosa Quintana.

QUINTANA

Pola súa banda, Quintana destacou o "papel clave" das traballadoras do mar e apostou por "seguir traballando e avanzando no camiño da igualdade entre mulleres e homes nas estruturas económica e social do país". As tres cuartas partes das máis de 3.600 traballadoras do marisqueo a pé que hai na actualidade son mulleres, segundo apuntou. Do mesmo xeito, a maioría dos postos na área de industria e comercialización de produtos do mar están ocupados por mulleres.

Unha muller coida dunha persoa en cadeira de rodas
Unha muller coida dunha persoa en cadeira de rodas | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta