Se che gustan os drons, tes que ver esta demostración da Cidade da Cultura

O Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) é o encargado de deseñar e coordinar as demostracións previstas a última semana de setembro en Santiago de Compostela, "que incluirán as máis avanzadas probas urbanas de tráfico de drones de Europa".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2022 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

A Cidade da Cultura acollerá o día 28 unha xornada de presentación do centro de xestión de operacións con drons das cidades de futuro, segundo informa o Instituto Tecnolóxico de Galicia.

O proxecto internacional H2020 AMU-LED, impulsado pola Comisión Europea para avanzar na integración segura de operacións con drons en contornas urbanas, está liderado por NTT DATA e involucra a 17 compañías e institucións de Europa e Estados Unidos.

O Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) é o encargado de deseñar e coordinar as demostracións previstas a última semana de setembro en Santiago de Compostela, "que incluirán as máis avanzadas probas urbanas de tráfico de drons de Europa".

Nesta última fase de AMU-LED, tras as demostracións realizadas en Cranfield (Reino Unido), Amsterdam e Róterdan (Países Baixos), ITG reunirá en Santiago de Compostela a 30 enxeñeiros europeos na que será a única demostración do proxecto en España.

No marco deste proxecto, o 28 de setembro terá lugar na Cidade da Cultura o 'Open Day', unha xornada de presentación "dunha das maiores e máis avanzadas concentracións de tráfico aéreo de drons de Europa, con vehículos aéreos tripulados e non tripulados".

Dron
Dron | Fonte: Remitida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta