Conta atrás para comezar a cuarta vacinación contra a Covid

Galicia recibiu este mércores un total de 77.600 doses para administrar á poboación galega

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2022 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

Galicia recibiu este mércores un total de 77.600 dose de vacinas contra a covid, para administrar á poboación galega a cuarta dose de inmunización.

Segundo informou a Xunta, Galicia comezará a administrar a vacina a partir do próximo 26 de setembro aos maiores das residencias sociosanitarias, tal e como acordou a Comisión de Saúde Pública.

Unha vez administrada a cuarta dose a este colectivo, iniciarase a vacinación do resto da poboación, de maior a menor idade, utilizando para iso os grandes recintos --vacunódromos-- que se empregaron ata agora.

Galicia recibe 77.600 dose para a vacinación da cuarta dose contra a covid.. XUNTA
Galicia recibe 77.600 dose para a vacinación da cuarta dose contra a covid.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta