Manuel Baltar define a conexión de alta velocidade entre Madrid e Ourense como "un factor diferencial competitivo"

O Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense acolleu a inauguración da Mobile Week nunha intensa xornada na que o presidente da Deputación Provincial cualificou o evento como un factor "diferenciador do territorio na era da tecnoloxía".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2022 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

O Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense acolleu a inauguración da Mobile Week nunha intensa xornada de actividades que tiveron como sede o propio centro, a Confederación Empresarial e os xardíns do Pai Feijóo, onde se desenvolveron iniciativas relacionadas co metaverso, fondos europeos ou dixitalización do rural entre outros ámbitos. Por todo iso o presidente da Deputación Provincial cualificou o evento como un factor "diferenciador do territorio na era da tecnoloxía".

"Ourense é a única provincia de España que celebra esta iniciativa en coordinación coa Fundación Mobile2", enxalzou Manuel Baltar asegurando que se trata dun "feito innovador que marca tendencia" e que "diferencia o territorio na era da tecnoloxía atraendo grandes talentos que contribuirán a unha grandísima edición". Baltar presidiu o acto inaugural do evento, no que tamén interveu o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, así como o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

Nesta segunda edición da Mobile Week, Baltar destacou a capacidade de conexión de Ourense con Madrid grazas á alta velocidade, apuntando que "é un factor diferencial competitivo" que se sumará este ano a "unha axenda intensísima, na que os maiores e os máis pequenos terán a oportunidade de participar e achegarse á tecnoloxía da man de expertos".

Pola súa banda o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, fixo fincapé en que as tecnoloxías "deben servir á cidadanía para facer a vida máis fácil" e "para atraer novas empresas ao territorio afrontando retos como o despoboamento e a dixitalización do rural", sostendo que por iso "é un acerto que este ano a Mobile leve por toda a provincia".

Ademais, puxo en valor a oferta do Campus de Ourense en canto ao ámbito da tecnoloxía, lembrando o grao e o máster en intelixencia artificial e a candidatura para acoller a sede da Aesia. O delegado territorial sumouse ás palabras de Reigosa sinalando que se trata de "un evento extraordinario" que se consolida e garantindo o apoio da Xunta de Galicia "para levar a cabo actividades deseñadas para todos os públicos e deslocalizadas".

Así pois, este xoves comezaron as charlas programadas, así como as mesas redondas que se prolongarán ata este domingo, coa finalización da Mobile Week. Ademais, celebrouse o lanzamento dun proxecto elaborado pola Confederación de Empresarios de Ourense para a promoción de marcas no Marketplace B2B europeo Ankorstore.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, intervén por videoconferencia na asemblea da  European Confederation of Local Intermediate Authorities (CEPLI). ALBERTE PAZ
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, intervén por videoconferencia na asemblea da European Confederation of Local Intermediate Authorities (CEPLI). ALBERTE PAZ | Fonte: DEPUTACIÓN DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta