Sen mortes pola Covid en Galicia por terceiro día consecutivo

Os ingresados con Covid mantéñense estables.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2022 | Actualizada ás 11:18

Comparte esta noticia

Os hospitalizados por Covid en Galicia volven baixar lixeiramente este venres, alcanzando os 135, dos que 126 (-2) están en unidades convencionais e nove en UCI (+1), na liña de estabilidade dos últimos días. Soben, por contra, as infeccións activas, 1.417 (89 máis) e os contaxios detectados nas últimas 24 horas ata os 145, sete máis que o xoves.

Alcánzanse así os 676.376 contaxiados desde o inicio da pandemia. Por contra, recuperáronse desde que comezou a crise sanitaria un total de 671.166 persoas, 54 máis na última xornada. Segundo a actualización publicada pola Consellería de Sanidade, con datos solicitados ata as 18,00 horas deste venres, non se notifican máis falecementos. O cómputo global continúa así nos 3.902, co que xa son tres os días que non se rexistran óbitos.

ÁREAS SANITARIAS

En relación ao número de casos activos, a área sanitaria con maior cifra é a de Ourense, con 318 (+2), seguida da Coruña, con 248 (+21), a de Lugo, con 213 (+23) e a de Vigo, con 208 (+19). Así mesmo, hai 198 infeccións activas na área de Santiago, 119 na de Pontevedra (+14) e 109 na de Ferrol (+11).

En canto a presión hospitalaria, a área con máis pacientes en UCI é A Coruña, con tres (+1), mentres que son dous os hospitalizados en coidados intensivos na de Pontevedra. Nas de Lugo, Ourense, Santiago e en Ferrol hai un hospitalizado en cada unha e a área de Vigo é a única que non ten ningún positivo Covid en coidados intensivos.

Por outra banda, a área da Coruña ten 34 pacientes en hospitalización convencional (-3); 24 (-2) están en Ourense, 15 en Pontevedra (sen cambios) e nove en Ferrol (sen cambios). Na área de Vigo son 15 os ingresados (+1); na de Santiago, 11 (sen cambios) e, por contra, na de Lugo soben aos 18 (+2).

Por último, en canto a novos contaxios, o distrito sanitario de Ourense rexistra 27, a da Coruña, 24; Pontevedra, 18; Ferrol, 16; Santiago, nove; Lugo, 32; e Vigo, 19.

Tres mozas na terraza dun local de lecer nocturno, a 23 de xullo de 2021, en Sanxenxo / Arquivo / Europa Press
Tres mozas na terraza dun local de lecer nocturno, a 23 de xullo de 2021, en Sanxenxo / Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta