Como teñen que intervir os axentes en casos de violencia de xénero?

Corpos e forzas de seguridade recibirán formación en intervención policial en casos de violencia de xénero.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2022 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

A Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) organiza o Curso superior de intervención policial en violencia de xénero dirixido ás forzas e os corpos de seguridade que traballan en Galicia: Policía Autonómica, Policía Nacional, Policía Local e Garda Civil.

Segundo destacou Vicepresidencia segunda, tal e como publica este venres o Diario Oficial de Galicia, a acción formativa desenvolverase en liña a partir do 1 de outubro e terá unha duración de 100 horas.

O itinerario estrutúrase en seis cursos que abarcan a conceptualización da violencia de xénero, a actuación policial ante un suposto de violencia de xénero, a actuación coas vítimas, a intervención co maltratador e a intervención diferida en violencia de xénero dixital. Ademais, abordarase tamén a orde de protección.

Cada un deles terá unha duración de 15 horas ao longo de dez días, excepto o último, que se prolonga ata as 25 horas durante 20 días. Así mesmo, engádense dez xornadas para recuperacións ou actividades convalidantes, co que o peche da programación será o 19 de decembro.

Axuda contra a violencia de xénero.. XUNTA
Axuda contra a violencia de xénero.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta