A Xunta reitera que a cuarta dose contra a covid-19 para menores de 60 anos "non se puxo enriba da mesa"

A intención é comezar a administración a maiores de 60 o 26 de setembro. O BNG pide a Rueda que "rectifique" e que a cuarta dose a maiores de 80 se administre nos centros de saúde.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/09/2022 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reiterou este venres que a intención da Xunta é compasar a administración da cuarta dose da vacina contra a covid á campaña da gripe, á vez que descartou, polo momento, que a inmunización contra o coronavirus vaia estenderse a menores de 60 anos sen patoloxías inmunosupresoras, algo que "non se puxo nin sequera enriba da mesa".

Unha muller recibe unha vacina contra a Covid-19
Unha muller recibe unha vacina contra a Covid-19 | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

Comesaña explicou que Galicia traballa no contexto de comezar a administración da cuarta dose o próximo 26 de setembro, un proceso que se iniciará nas residencias de maiores e centros sociosanitarios, independentemente da idade dos seus usuarios.

A continuación, dixo, vacinarase a maiores de 80 anos da poboación en xeral e a persoas de 60 a 80 anos, comezando a citación por orde de idade. Para estes grupos, dixo, empregaranse puntos de vacinación masiva e a intención da Xunta é aproveitar para inmunizarlos tamén contra a gripe.

En todo caso, explicou, aínda non se expoñen continuar con menores de 60 anos, alegando que é neste grupo de idade no que "hai consenso na Comisión de Saúde Pública". "Non se puxo nin sequera enriba da mesa baixar a idade", dixo o conselleiro, agás para o caso dos inmunodeprimidos.

BNG

O BNG pediu unha "rectificación inmediata" do Sergas para que as persoas maiores de 80 anos reciban a cuarta dose contra a covid-19 nos centros de saúde, como se fixo ata agora, en lugar de "obrigalos" a acudir a vacunódromos, facendo "desprazamentos de centos de quilómetros" co que iso implica en "alteración e molestias e mesmo en gasto económico".

"Trasladamos a nosa total desconformidade con esta decisión e non entendemos por que non se mantén a vacinación nos centros de saúde, como na administración das anteriores doses contra a pandemia, a última ademais conxuntamente coa gripe", manifestou a portavoz sanitaria do Grupo do BNG, Montse Prado.

Así, considera "inaceptable obrigar" a persoas de 80, 85 e 90 anos ou máis a desprazarse "a quilómetros" co que isto implica de problemas físicos para moitos maiores e mesmo de gasto económico "extra" nunhas pensións "moitas veces exiguas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta