GC Aberto

"A derradeira lección"

Por XoseRios | GC ABERTO | 21/09/2022

Comparte esta noticia

Ultimamente nada se fala da mocidade. Unha mocidade case na súa totalidade embelesada

Arquivo - Adolescentes, mocidade. EUROPA PRESS - Arquivo
Arquivo - Adolescentes, mocidade. EUROPA PRESS - Arquivo

coas redes sociais. Desconectada da realidade social, a maioría non ten a mínima base formativa crítica. Non debera extrañar tal resultado cando as humanidades e a filosofía carecen de saída no mercado laboral actual, ao igual que o resto da formación sen un efecto inmediato na conta de resultados das grandes empresas.

O certo é que a xuventude de hoxe pasan a súa mocidade substraídos do contexto social e das súas contradicións de clase a pesar de padecelas. Asemade, a manipulación e a invitación ao consumismo masivo, semellan suficientes para manter o seu conformismo. Non quero afirmar que a mocidade puidera ser motor do cambio social na história da humanidade, mais pódese decir que nos anos 60 chegaron a poñer en dúbida a lexitimidade moral do mundo occidental. Sirva de exemplo a carraxe que espertou a Guerra do Vietnam en moitas universidades de EE.UU. e posteriormente un sentimento de amargura na sociedade daquel entonces.

Ao contrario que agora, por aqueles anos 70, os teóricos de EE.UU. escribiron moreas de artigos e publicaron ducias de libros “explicando o fenómeno daquel movemento estudantil”. Algúns describíano como un altruismo combinado de indignación e agresividade interxeneracional de fillos contra país. Outros chegaron a interpretar aquela rebeldía coma un síntoma patolóxico da “xeración-protesta”. Por certo nos EE.UU. últimamente falase acotío de perturbados pegando tiros. Prohíbise falar de desigualdade de clases, racismo ou das dificultades da maioría da mocidade para atopar unha profesión digna que conleven a emancipación personal e social.

O problema da mocidade agrávase en todos lados. O ritmo intensivo de producción capitalista, o desmantelamento do sistema de protección social, súmase unha estandarización da vida cidadá a través da cultura masiva. Desprovista de experiencia, procuran arredala intencionadamente dos “adultos” e de cómo éstes acadaron as súas conquistas laborais. Carecen de orientación política e da madurez que concede a experiencia. É incapaz de interpretar as tendencias sociais actuais. Erros coma seguir culpabilizando ás “vellas xeracións” dos males desta sociedade antihumana en lugar de sinalar ao estamento opresivo.

Por iso non se fala da mocidade, porque a pervertiron ata neutralizala totalmente. A mocidade non pode estar orientada á resignación e á vida cómoda. As nosas nais non deixaron tal lección en nós os adultos. Débese desarraigar a convicción de que teñen que recibir máis

do que aportan. Escarnecer a vida do ingrato e achegarse ás xeracións dos seus maiores. Simplificar todo o problema ao ensino, é desperdiciar parte da responsabilidade política e familiar. Non podemos deixar este triste legado nas novas xeracións. Máxime nuns tempos onde os imperialistas supuran o edor do fascismo e o militarismo novamente.

Xose Rios Cidrás.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Unxia Amoedo

Bo artigo. Gracias.

1 Antón

Entristeceme ir camiño do tranballo, tódala rapazada mirando o movil,non haui mellor forma de manipulación. Hai que facer algo xa contra isto. Excelente artigo,parabens