Un camión cae por un terraplén na AP-9 ao seu paso por Ames

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2022 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

Un camión que transportaba alimentación sufriu unha saída de vía e caeu por un terraplén dun oito metros na autoestrada AP-9, ao seu paso polo municipio coruñés de Ames, no límite co concello de Santiago.

Segundo trasladou o 112 Galicia a Europa Press, varios particulares alertaron á central de emerxencias sobre as 10,00 horas deste sinistro que se produciu, en concreto, no quilómetro 76 da AP-9 en dirección Pontevedra.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE-112) mobilizou ata o lugar aos Bombeiros de Santiago e ao GES de Brión, que unha vez no punto confirmaron que o condutor do camión xa se atopaba fóra da cabina.

Accidente dun camión
Accidente dun camión | Fonte: GARDA CIVIL

para poder acceder ao lugar ao que caeu o camión, os servizos de emerxencia tiveron que facelo a través da estrada SC-20 xa que, segundo sinalaron, desde a AP-9 había demasiada altura. Así mesmo, o 112 Galicia tamén informou o accidente á Garda Civil de Tráfico, que enviou dúas patrullas, e aos servizos sanitarios, así como a persoal de Audasa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta