O Concello de Santiago anuncia a gratuidade das tres escolas infantís municipais

Di que asumirá o 90% do custo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2022 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago acordou este luns acollerse ao programa da Xunta de gratuidade da atención educativa na rede de Escolas Infantís Municipais, para as que, no entanto, o goberno local seguirá asumindo o 90 por cento do custo, dixo o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.

O rexedor compostelán apuntou que as escolas infantís municipais --Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-- teñen un custo de 1,2 millóns de euros, dos cales a Xunta achegaba 60.000 euros e as familias outros 60.000.

Con este convenio, explicou, a Xunta pasará a asumir os 60.000 euros correspondentes ás familias usuarias, pero o montante restante, "o 90%" do custo, seguirao asumindo o Concello.

Segundo este convenio, os ingresos correspondentes ás tarifas de atención educativa correrán con cargo á liña de subvencións establecida pola Orde do 22 de xullo, quedando exentas as familias de abonar as tarifas de atención educativa e de matrícula. Esta exención alcanza a todo o alumnado e xa non só aos segundos fillos e sucesivos.

Por outra banda, o executivo local deu luz verde aos prezos públicos das actividades regulares para o curso 2022-2023 dos centros socioculturais, que se "manteñen conxelados", apuntou Sánchez Bugallo.

Nenos nunha escola infantil
Nenos nunha escola infantil | Fonte: centros.edu.xunta.es

CONTRATACIÓN

No ámbito da contratación, aprobáronse tres expedientes. En primeiro lugar, o relativo á implantación dunha nova estrutura de Centro de Procesamento de Datos (CPD), financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Next Generation EU.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta