Morren dúas persoas nun grave accidente entre tres vehículos en Noia

Resultaron feridas outras tres persoas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2022 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron falecidas este martes nun accidente de tráfico rexistrado no municipio coruñés de Noia, no que se viron implicados tres vehículos. Segundo informaron a Europa Press fontes do CIAE 112-Galicia e de corpos de emerxencias, o suceso tivo lugar pouco despois das 16,00 horas no quilómetro 27 da estrada CG 1.5, ao seu paso pola parroquia de Roo, onde chocaron tres turismos.

Como consecuencia do choque, resultaron falecidas dúas persoas, un home duns 79 anos e outro home duns 35 anos. Así mesmo, resultaron feridas tres persoas, unha das cales foi evacuada no helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago. Ademais do persoal sanitario, no operativo participaron efectivos dos Bombeiros, GES de Noia, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e mantemento de estradas.

Accidente no corredor Brión-Noia, con tres vehículos implicados e provocou o corte desta vía que une Santiago con Noia
Accidente no corredor Brión-Noia, con tres vehículos implicados e provocou o corte desta vía que une Santiago con Noia | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Félix Soria.

A foto é MOI BOA!, pois reflcte a magnitude da traxedia SEN SANGUE!