A Xunta pide a "cogobernanza" para repartir os fondos europeso e "sacarlles" o máximo proveito

O responsable autonómico de Facenda, Miguel Corgos, apuntou que existen "dificultades" para a xestión óptima dos fondos, "como a falta de planificación consensuada".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2022 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, solicitou este mércores "cogobernanza" --"a máxima participación das Comunidades autónomas-- na repartición dos fondos europeos para sacarlle "o máximo partido".

Así se expresou esta mañá en Madrid, onde participou nun seminario organizado pola Comisión Europea para analizar e impulsar os investimentos para unha economía verde, dixital e xusta, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Corgos defendeu a oportunidade que os fondos Next Generation supoñen para o país, "sempre que se lles saque o máximo partido para transformar o tecido produtivo e favorecer unha economía máis forte e resiliente". Nesta liña, lembrou que Galicia ten xa definidos 355 proxectos públicos e privados para transformar a economía galega, "mellorando a súa competitividade e posición internacional".

O Goberno galego, explican nun comunicado, ten en marcha iniciativas como a Unidade de Proxectos Tractores, para colaborar co tecido produtivo e identificar proxectos susceptibles de aproveitar os fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR); a Estratexia Next Generation Galicia, para definir as prioridades na Comunidade; a Comisión Next Generation, un órgano para planificar, impulsar e desenvolver os proxectos que poden obter financiamento do MRR; ou a Oficina Técnica Next Xene para coordinar a posta en marcha de iniciativas públicas e privadas e dar soporte técnico aos proxectos públicos.

O responsable autonómico de Facenda apuntou que existen "dificultades" para a xestión óptima dos fondos, "como a falta de planificación consensuada". Neste sentido sinalou que é preciso "ligar os proxectos a cada territorio, posto que as iniciativas estratéxicas de cada Comunidade atenden a distintas necesidades".

"É imprescindible ademais, unha planificación plurianual que recolla os recursos dos que vai dispor cada administración, para mellorar a capacidade de xestión e acelerar a execución dos fondos, ao contar cunha garantía de cobertura financeira", detalla.

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participa nun seminario organizado pola Comisión Europea. XUNTA DE GALICIA
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participa nun seminario organizado pola Comisión Europea. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta