Sabes que a seca está influíndo, e moito, na produción do leite galego?

Calculan que as vacas producen ata un 20% menos de leite pola seca

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2022 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

O coordinador en Lugo da Asociación Agraria de Galicia (Asaga), Xan Pérez, calculou que as vacas producen ata un 20% menos de leite por mor da seca. Ese descenso na produción xa abocou a que moitos gandeiros tivesen que prescindir mesmo de animais, ante a "perentoria seca".

Polo demais, Pérez sinala que as granxas seguen producindo "a perdas", aínda que matiza que "iso depende de cada explotación láctea e da base territorial". "Hai moitos factores por canto a producir a perdas, porque tamén a seca provoca unha baixada na produción de millo, de herba... co que hai que comprar máis produtos fóra, máis pensos, e isto incrementa o prezo", destaca.

Pérez puntualizou que o último estudo do Ministerio de Agricultura, que sitúa no mes de xullo, o litro de leite abonábase " en España a 53 céntimos, aínda que en Galicia págase menos".

Uns custos de produción tan disparados que Asaga teñen claroque xa supera ese prezo que se abona ao gandeiro. Por iso, Xan Pérez apunta a un aumento do prezo de cara ao consumidor, dado que "o leite non é un produto caro e poderíase subir algo máis para que lle suban uns céntimos ao gandeiro".

Unha vaca nunha granxa   Arquivo
Unha vaca nunha granxa Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta