Se es universitario e vas facer un programa de mobilidade no estranxeiro tes que pedir esta axuda

A dotación da que poderá ser beneficiario cada solicitante será dun máximo de 1.700 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2022 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

Un total de 140 alumnos do Sistema Universitario de Galicia (SUG) poderán beneficiarse das axudas da Xunta destinadas aos programas de mobilidade en países extracomunitarios. A dotación da que poderá ser beneficiario cada solicitante será dun máximo de 1.700 euros. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves as bases da convocatoria de axudas que poderán solicitarse desde este venres ata o 24 de outubro.

A solicitude poderá realizarse unicamente por medios telemáticos, a través de calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta, así como a Chave365.

Unha vez formalizada a solicitude, deberá ser asinada polo interesado con calquera dos sistemas admitidos na sede e enviala polo procedemento electrónico establecido. Segundo informou o Executivo autonómico, o obxectivo desta subvención é favorecer a participación dos mozos galegos en programas de mobilidade en universidade estranxeiras que lle permitan incrementar os seus valores lingüísticos e culturais.

REQUISITOS DE SOLICITUDE

Desta forma, os requisitos para poder pedir a bolsa pasan por estar matriculado no curso 2022/23 nas universidades galegas; participar no programa de mobilidade universitaria con autorización da entidade de orixe; non ser beneficiado con esta bolsa de mobilidade en convocatorias anteriores.

Ademais, o DOG recolle que quedan excluídos desta convocatoria os alumnos que, con nacionalidade distinta á española ou con dobre nacionalidade, realicen a mobilidade nos seus países de orixe ou nalgún dos que é nacional, así como o alumnado que non se desprace ao país de destino por recibir a formación de forma virtual en Galicia.

estudante estudando exames universitarios
estudante estudando exames universitarios

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta