Galicia loita por consolidarse como un referente europeo en biotecnoloxía

Francisco Conde sinala que é a segunda autonomía "máis bioemprendedora de España", con 4.000 empregos directos nesta industria.

Por E.P. | A CORUÑA | 22/09/2022 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou, na recepción institucional do foro da industria biotecnolóxica Galicia Biodays, que a comunidade aposta desde a colaboración público-privada por consolidarse como referente europeo en biotecnoloxía. Neste sentido, lembrou que Galicia é a segunda autonomía "máis bioemprendedora de España", con 4.000 empregos directos nesta industria.

Para seguir avanzando neste campo, está en marcha, lembrou, a Estratexia de consolidación do sector biotecnológico en Galicia, que duplica o seu orzamento ata os 430 millóns de euros de fondos públicos de face ao 2025 para apoiar o traballo conxunto con esta industria.

Trátase dun ecosistema do que forman parte o tres universidades galegas; dous campus e cinco centros de excelencia internacional; tres institutos de investigación biomédica; dous consorcios europeos de infraestruturas de investigación e seis clústeres empresariais relacionados coa biotecnoloxía, ademais do tecido empresarial.

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde. XUNTA
O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta