Dous menores evacuados tras un accidente con tres coches implicados en Bergondo

Excarceran un condutor e atenden a cinco feridos leves ao caer unha furgoneta por un terraplén en Nogueira de Ramuín.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2022 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

Dous menores tiveron que ser evacuados a un centro hospitalatio despois dun accidente múltiple con tres coches implicados en Bergondo.

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu o venres ás 21,30 horas á altura do quilómetro 600 da N-V. Foi unha persoa particular quen chamou á central de emerxencias para solicitar asistencia para algúns dos ocupantes dos vehículos involucrados na colisión, aínda que non había persoas atrapadas.

Así, o 112 puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía. Finalmente, os equipos de intervención que acudiron ao momento indicaron que dous menores tiveran que ser evacuados tras resultar feridos leves. Tamén foron informados os bombeiros de Betanzos e Protección Civil de Bergondo.

SINISTRO EN NOGUEIRA DE RAMUÍN

Por outra banda, o condutor dunha furgoneta tivo que ser excarcerado polos servizos de intervención de madrugada en Nogueira de Ramuín, despois de que o vehículo se saíse da estrada e caese por un terraplén. Ademais, outras cinco persoas que viaxaban no seu interior foron evacuadas con feridas leves.

Ocorreu ás 00,30 na estrada que une as localidades de Fondo da Vila e Loñoa, e foron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 os que chamaron ao 112 para solicitar a colaboración doutros efectivos. De inmediato, o servizo de emerxencias pasou aviso aos bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas e aos membros do GES de Pereiro de Aguiar.

Unha vez no lugar, os equipos de intervención informaron ao 112 de que tiveran que axudar o condutor do vehículo, posto que se atopaba atrapado polo volante, e que, aínda que os demais ocupantes estaban liberados, tamén prestaran apoio para chegar ao lugar onde os esperaban as ambulancias.

Ambulancia do 061 / Europa Press / Europa Press
Ambulancia do 061 / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta