Ángel Carracedo, Premio Otero Pedrayo 2022 pola súa traxectoria médica e científica

O galardón, organizado pola Xunta e as catro deputacións galegas, é o premio cultural máis lonxevo de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2022 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

O investigador Ángel Carracedo foi recoñecido co Premio Otero Pedrayo 2022 pola súa traxectoria médica e científica que o levou a ser reconcido como un dos mellores xenetistas a nivel internacional. A distinción do premio cultural máis lonxevo de Galicia foi dada a coñecer este luns tras a reunión do xurado dos galardóns, convocado pola Xunta e as catro deputacións provinciais.

Este ano, estes premios nados en 1977 en honra a Otero Pedrayo recoñece por primeira vez a traxectoria dun investigador ao recaer no catedrático de Medicina Legal Ángel Carracedo. O xurado enxalzou a figura "privilexiada" do investigador, nacido en 1955 no municipio coruñés de Santa Comba e que ocupa desde 1994 a dirección do Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago.

Carracedo ten na súa traxectoria o título de director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e do Centro Nacional de xenotipado e é presidente da Sociedade Española de Farmacoxenética e Farmacoxenómica. Ademais, tamén ocupa a vicepresidencia da Academia Internacional de Medicina Legal e a presidencia da International Society for Forensic Genetics. As súas investigacións céntranse na xenética do cancro, as enfermidades psiquiátricas en idade infantil, as enfermidades raras e a farmacoxenómica.

Así mesmo, a súa figura tamén se erixiu como un importante formador de novas xeracións de investigadores desde a universidade compostelá.

Anxo Carracedo. UNIVERSIDADE DO MINHO
Anxo Carracedo. UNIVERSIDADE DO MINHO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta