Anpas Compostela chama á mobilización das familias o 29 de setembro ante o "caos" no transporte escolar

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2022 | Actualizada ás 22:10

Comparte esta noticia

A Federación de Anpas Compostela, na que se integran as asociacións de pais e nais de centros públicos de Santiago e comarca, chamaron á mobilización das familias o próximo 29 de setembro ante o "caos" no transporte escolar.

Denuncian as "múltiples deficiencias" no transporte escolar e reclaman "o correcto funcionamento das liñas de transporte en tempos, percorridos, condicións e seguridade".

Así, convócase ás familias para o próximo 29 de setembro a concentracións nos centros escolares do IES do Sar, en Santiago; o CEIP Igrexa-Calo, en Teo; e o CEIP de Vite, co fin de esixir á Xunta "a solución inmediata" fronte a esta situación.

Transporte escolar
Transporte escolar | Fonte: FEDRINTRA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta