As confrarías anuncian mobilizacións polo veto á pesca de fondo: "Non podemos quedar na casa"

Só na provincia de Lugo, poderanse ver afectados preto dun centenar de embarcacións e uns mil empregos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2022 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e patrón maior do porto de Burela, Basilio Otero, avanzou a convocatoria de mobilizacións polo veto da Unión Europea (UE) á pesca de fondo.

"Temos que facer algunha acción social, isto non pode quedar só con papeis ou recursos", advertiu Otero, quen explicou que é preciso que "se vexa que realmente están preocupados". "Témonos que mover, non nos podemos quedar na bonhomía de mandar un papel e reclamar. Temos que darlle unha volta a isto", advertiu.

Así mesmo, explicou que "caben dous tipos de mobilizacións", unha que pasaría por ir protestar a Bruxelas ou tamén levar as súas queixas a Madrid á "Castellana, onde se atopa a representación permanente" que ten Europa en España. Seguidamente, Basilio Otero aplaudiu a intervención do ministro de Agricultura e Pesca, Luís Planas, que "foi realmente duro, nun contexto dun Consello de Ministros da Unión Europea, apoiado por Francia e Irlanda".

"Non podemos quedar na casa ante un agravio de tal magnitude", incidiu o patrón maior de Burela. Otero advertiu de que se trata dunha comarca "especialmente tocada" polo veto, ao que hai que sumar que hai "moitos (barcos) pincheros que traballan", en zonas onde se aplica a prohibición da pesca de fondo.

"Ao final afecta a toda Galicia. Isto vai facer que os barcos que traballaban aí se teñan que desprazar a outras zonas e iso vai influír noutras artes de pesca", avisou. Só na provincia de Lugo, poderanse ver afectados preto dun centenar de embarcacións e uns mil empregos.

Pescadores
Pescadores | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta