As obras da intermodal da Coruña comezarán este mércores coa chegada de maquinaria

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, preside o acto de inicio das obras ao que non asistiu á alcaldesa, Inés Rey.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2022 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, presidiu este martes o acto que supón o inicio efectivo, a partir deste mércores, das obras da nova estación de autobuses intermodal da Coruña, unha actuación con case 40 millóns de investimento.

Así o remarcou Mourelle, nun acto xunto ao delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego, entre outros. Todos eles asistiron á firma da acta de reformulo, de forma que a partir do mércores comezará a chegar a maquinaria, segundo explicou a conselleira.

Este complexo intermodal levará a construción dunha nova estación de autobuses, así como a remodelación da terminal ferroviaria, que debe prepararse para recibir o AVE, un aparcadoiro e os accesos adecuados a esta infraestrutura. O proxecto sumará un investimento total de máis de 120 millóns de euros, entre Xunta, concello herculino e Adif.

A conselleira de Infraestruturas remarcou que a firma da acta de reformulo para a estación de autobuses intermodal é o "paso definitivo para o inicio das obras deste gran proxecto". Ademais, aludiu ao traballo iniciado en 2015 para que todas as cidades galegas "tivesen a estación intermodal", en referencia á integración da estación de autobuses e a ferroviaria nelas.

Pola súa banda, o concelleiro Francisco Díaz Galego lembrou que o luns o goberno local aprobou a cesión dos terreos necesarios para a execución dos traballos e apelou á colaboración entre as distintas administracións implicadas.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez,  e outras autoridades asisten á  firma da acta de reformulo polas obras da estación de autobuses intermodal da Coruña. XUNTA
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e outras autoridades asisten á firma da acta de reformulo polas obras da estación de autobuses intermodal da Coruña. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta