Formoso critica que a Xunta "baixe impostos aos ricos" mentres entidades sociais "teñen dificultades"

Por E.P. | Santiago de Compostela | 29/09/2022 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín Formoso, visitou este xoves o centro Aixiña en Ourense, onde criticou que a Xunta de Galicia "baixe os impostos" de patrimonio "aos máis ricos", mentres hai entidades da rede de coidado social que "teñen dificultades para conseguir os seus obxectivos e chegar a fin de mes".

O líder do PSdeG, Valentín González Formoso, en Ourense.
O líder do PSdeG, Valentín González Formoso, en Ourense. | Fonte: Europa Press

Así afeou Valentín Formoso que a Xunta "considere" que os ingresos e recursos que se lle transfiren a estas entidades "son suficientes", mentres se comproba "como aos millonarios, aqueles que teñen máis de 2 millóns, báixanlles os seus impostos".

Deste xeito, criticou a decisión do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de rebaixar os impostos "facendo caso omiso" das "necesidades reais de entidades que requiren recursos profesionais e traballan desde a eficiencia absoluta".

En concreto, sinalou o caso do centro Aixiña na cidade de Ourense, onde explicou que sete entidades sociais presentan servizo a miles de persoas, "desenvolvendo un traballo que suplementa e dá apoio a miles de familias con persoas con discapacidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta