Festa de mariscos para converter a Pontevedra na Capital Española da Gastronomía

Arrinca a II Festa das Cunchas co Roteiro de Petiscos .

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 29/09/2022 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

Arrinca a gran homenaxe ao mellor marisco de cuncha da ría de Pontevedra (mexillón, navalla, vieira, berberecho, zamburiña, ostrón, ameixa e escupiña). Será dentro da II edición da Festa das Cunchas, unha festividade gastronómica do Concello de Pontevedra que pretende converter a esta cidade como Capital Española da Gastronomía (CEG) 2023 dentro do proxecto Pontevedra Capital Gastro.

Presentación da II Festa das Cunchas en Pontevedra
Presentación da II Festa das Cunchas en Pontevedra | Fonte: Concello de Pontevera

A festa comezará cun Roteiro de Petiscos protagonizado polos establecementos de hostalería de Pontevedra que incluirá a celebración da Batalla das Cunchas. Tamén traerá como principais novidades a instalación dun Mercado das Cunchas na Praza de España entre os días 6 e 9 de outubro e a estrea dun Circuíto de Orientación Gamificada ‘quiztrack’ (preguntas e respostas) ‘Cidade Candidata a CEG 2023’.

Neste evento participan integrantes da restauración local que conforman a Banda Cociñas de Pontevedra: Marta Santiago, de A Fervella; Pablo Romero, de Bagos; Carlos Barreira, de Bocarte; Carmen Canabal, de Causa Street Food; Rubén González Vallejo, de El Cafetín; Vicente Tortajada, de La Culpa de la Gula; Marcos Romero, de Mar de Fóra; Marta García, de Meigas Fóra; Iñaki Bretal, de O Eirado da Leña; Sergio Roma, de O Souto, e Toño Mora e Andrés Muñoz, de O Padal da Santiña.

A edil socialista Yoya Blanco aproveitou a presentación para desvelar o nome da institución á que neste 2022 lle será outorgado o Loureiro: “O CIFP Carlos Oroza, pola súa contribución á gastronomía durante os seus 25 anos de historia”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta