Baixan os casos activos de Covid en Galicia, pero soben as mortes e os hospitalizados

Este sábado notificaronse menos de 1.500 contaxiados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2022 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

Galicia notifica este sábado 1.452 infeccións activas, que son 48 menos que os rexistrados este venres. Aumentan, con todo, os hospitalizados ata os 106 (+8), dos que tres están en UCI (-1). Soben tamén os contaxios nas últimas 24 horas ata os 141.

No balance publicado este sábado polo Sergas, con datos solicitados ata as 18,00 horas do venres, notifican ademais 672.845 curados desde o inicio da pandemia. Por contra, aumentan a 3.910 os falecidos desde o inicio da crise sanitaria, os dous últimos rexistrados o día 29 de setembro. Trátase dun home de 74 anos da área de Lugo e outro de 78 da de Vigo. Ambos presentaban patoloxías previas.

Do total de casos activos, 289 pertencen á área sanitaria da Coruña (-3); 199, á de Lugo; 246, á de Ourense (-9); 164, á de Pontevedra (-8); e 84, á área de Ferrol (-16). Os únicos distritos sanitarios nos que aumentan as infeccións é en Vigo, con 233 casos (+8) e en Santiago, con 244 (+4).

En canto aos hospitalizados, son 19 na área ourensá (un deles en UCI); 34 na da Coruña (outro en críticos); 14 na de Vigo (tamén cun paciente en coidados intensivos). No resto de áreas non quedan pacientes en críticos. Así, Pontevedra conta con sete hospitalizados; catro en Ferrol, 15 en Santiago e 13 en Lugo.

Por último, no que respecta aos novos contaxios, 24 rexistráronse na área de Ourense, 22 na da Coruña; nove na de Pontevedra; sete na de Ferrol; 29 na de Santiago; 18 na de Lugo; e 32 na de Vigo.

Cidadáns nunha zona de copas a 11 de febreiro de 2022, na Coruña. M. Dylan - Europa Press / Europa Press / Europa Press
Cidadáns nunha zona de copas a 11 de febreiro de 2022, na Coruña. M. Dylan - Europa Press / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta