130 militares e 85 vehículos ao día, a contribución do Exército na loita contra os lumes en Galicia

Remata a operación 'Sentinela Gallego 2022' de prevención de incendios con máis de 80 incidentes notificados

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2022 | Actualizada ás 16:21

Comparte esta noticia

A operación militar 'Sentinela Gallego 2022' de prevención de incendios forestais concluíu este sábado 1 de outubro con máis de 80 incidentes notificados á Xunta de Galicia. Segundo explican nun comunicado, as Forzas Armadas despregaron un operativo integrado por 30 patrullas terrestres e medios aéreos non tripulados do Exército de Terra.

O obxectivo era realizar labores de vixilancia, disuasión e prevención dos lumes en 33 concellos galegos, repartidos nun total de sete distritos forestais. A operación, "cun balance moi positivo", iniciouse o 15 de agosto. Durante este mes e medio despregáronse ao redor de 130 militares ao día --cunha contribución final de 350 militares-- e empregáronse un total de 85 vehículos de diferentes modelos.

Percorréronse un total de 320.000 quilómetros e realizáronse ao redor de 5.600 patrullas tanto de presenza en municipios e de vixilancia en diferentes observatorios. Destacan ademais a incorporación do sistema PASI (Plataforma Autónoma Sensorizada de Intelixencia), unha aeronave de 400 quilos e autonomía de 15 horas, así como do sistema RAVEN.

"A utilización destes medios aéreos melloran o emprego dos equipos de prevención, reducen de forma considerable os seus tempos de reacción e optimizan o proceso de toma de decisións sobre o terreo", explican. Con estes medios aéreos non tripulados detectáronse e notificadoun total de 28 incidentes relacionados co lume, mesmo sete en zonas próximas á fronteira con Portugal.

Imaxe aérea dun incendio
Imaxe aérea dun incendio | Fonte: Exército do Aire.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta