Aumentan os sucicidios en Galicia; case un por día en 2021

"As cifras seguen sendo moi altas e o suicidio segue sendo un problema sanitario e social de primeira orde", alerta o Imelga que investigou en 2021 máis de 1.900 mortes, delas 331 suicidios e 15 falecementos de tipo homicida.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2022 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

Os profesionais do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) investigaron en 2021 un total de 1.979 mortes, das que 901 foron de carácter violento. Delas 555 foron de tipo accidental, 331 suicidas e 15 de tipo homicida. O número de mortes investigadas incrementouse nun 8,85 por cento.

Así figura no seu informe do ano pasado, que inclúe os datos por provincias non polas subdireccións coas que conta o Imelga. En relación ás mortes investigadas, o Imelga sinala que a morte natural supón un 54,47%, superando á morte violenta que supuxo un 45,52% sobre o total.

A patoloxía máis común segue sendo a cardiovascular cun 74,86% de todas as mortes naturais. "Por tanto a morte por estas patoloxías preséntase en moitas ocasións en persoas sen sintomatoloxía ou diagnósticos previos e transcorre de forma rápida, súbita e inesperada, sen tempo a asistencia médica". "Polo que de maneira habitual estas mortes derívanse á investigación xudicial, aínda que non existan datos de sospeita de criminalidade", explica o informe.

As 1.078 por morte natural foron, na súa maioría, un total de 807, por patoloxía cardiovascular, aínda que as houbo tamén de tipo respiratoria e dixestiva. Hai tamén 40 de patoloxía indeterminada.

MORTES VIOLENTAS

Das 1.979 mortes investigadas, 901 foron de carácter violento e delas 555 foron de tipo accidental, 331 suicidas e 15 homicida.Os traumatismos son a principal causa, un total de 456, seguida de asfixias mecánicas, 306; reaccións adversas ás drogas e intoxicacións, 51 en cada caso.

Séguenlle lesións por arma de fogo e arma branca, con 13 e 12, respectivamente, ás que se se suman o nove e unha rexistradas por lesións eléctricas e térmicas. Nas accidentais, inclúense as mortes por accidentes de tráfico, laborais e os fortuítos. Séguenlle os suicidios, cun aumento de cifras respecto de 2020 cando houbo 307. En 2019, foron 318.

"O confinamento reduciu o número de suicidios nun 3,45%", sinala o informe que engade que coa volta á normalidade houbo un "efecto rebote" cun aumento dun 7,8% en relación ao ano anterior e dun 4,8% en relación con 2019. "As cifras seguen sendo moi altas e o suicidio segue sendo un problema sanitario e social de primeira orde", alerta o Imelga.

Tamén apunta que a vítima principal do suicidio -- con 155 na provincia da Coruña, 52 na de Lugo, 32 na de Ourense e 92 na de Ourense-- son os homes, cunha idade entre os 51 e os 60 anos. No caso dos homicidios, mantéñense en 15 como o ano anterior. Das vítimas, cinco foron mulleres. Do total, sete foron na provincia da Coruña, tres na de Ourense e cinco na de Pontevedra.

ACCIDENTES DE TRÁFICO

O informe alude tamén ás vítimas de accidentes de tráfico rexistradas polo Imelga en 2021, un total de 113, o que representa un 20,3% das mortes accidentais. A provincia con maior número de falecidos é da da Coruña, co 41,5% do total de falecidos en Galicia. O 76,10% dos falecidos son homes fronte a un 23,8% de mulleres. Os condutores representan o 62,83% tras os que se sitúan os peóns cun 21,23%.

PERICIAIS

Por outra banda, o informe do Imelga sitúa nun total de 21.757 as periciais xudiciais con 21.029 informes emitidos. No caso das extraxudiciais, foron 1.012, con 1.098 informes.

Imaxe alusiva a suicidio.. GRUPO REI ARDID - Arquivo
Imaxe alusiva a suicidio.. GRUPO REI ARDID - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta