O PSdeG acusa á Xunta de defender os intereses das empresas e non dos menores na lei do Xogo

O PP di ue o texto aprobado polo Goberno a semana pasada foi acordado co sector e os colectivos de afectados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2022 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

O Partido Socialista considera que a lei deseñada polo Goberno autonómico que reforma o marco normativo para o xogo de azar e as apostas en Galicia supón "un lavado de cara" para o sector porque "defende os intereses" das empresas. Así o expresou o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, durante unha rolda de prensa este luns na que estivo acompañado polo portavoz dos socialistas na Cámara galega, Luís Álvarez.

Como lembrou Formoso, este martes terá lugar na sesión plenaria que bota a andar no Pazo do Hórreo o debate do proxecto de lei do xogo elaborado polos socialistas. O debate parlamentario terá lugar menos dunha semana despois de que o Consello da Xunta dese o pasado xoves luz verde á proposta lexislativa do Goberno autonómico para reformar o marco normativo das apostas e xogos de azar.

En palabras de González Formoso, as diferenzas entre os textos "evidencian de que lado están" o PSOE e o PP en canto ao xogo pois, segundo o socialista, a Xunta "protexe os intereses das empresas" cunha reforma lexislativa que supón "un lavado de cara" para o sector.

Neste sentido, defendeu que o texto dos socialistas foi "acordado" cos colectivos afectados, mentres que o do Executivo autonómico supón "un mal punto de partida" para "protexer" os dereitos dos menores ou das persoas que ten problemas co xogo.

PP DEFENDE UN TEXTO "CONSENSUADO"

Fronte a estas críticas, o portavoz dos populares na Cámara autonómica, Pedro Puy, defendeu que o texto aprobado polo Consello na súa última reunión "leva anos elaborándose" coa colaboración tanto do "propio sector" como das asociacións "que están moi concienciadas" coa necesidade de regular o xogo.

Así as cousas, Pedro Puy remarcou que a proposición de lei que será remitida proximamente á Cámara para iniciar a súa tramitación incorpora as achegas dos colectivos implicados algo que, di, a do Grupo Socialista "non garante".

Ruleta dun casino
Ruleta dun casino | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta