O concurso Fran Pérez 'Narf' de música xa ten as súas bandas finalistas

A proposta gañadora será elixida durante unha gala final que terá lugar no Teatro Colón da Coruña o 19 de novembro

Por E.P. | A CORUÑA | 04/10/2022 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

O xurado do concurso Fran Pérez 'Narf' para grupos e artistas musicais que promove a Deputación da Coruña decidiu elixir, como bandas finalistas a Noar, Mallou e Madalena Gamalho.

Segundo informa a institución provincial, a proposta gañadora será elixida durante unha gala final que terá lugar no Teatro Colón da Coruña o 19 de novembro e que estará aberta ao público, previa retirada de invitacións.

O concurso ten como obxectivo difundir, apoiar e promocionar aos grupos e artistas musicais de diferentes comarcas e localidades galegas, así como difundir socialmente a figura e a obra do músico Fran Pérez 'Narf'.

Este ano chega ao seu XVI edición unha iniciativa que conta, entre os seus gañadores, con bandas como Pena, gañadora en 2021, Caldo, Mounqup, Bala ou Familia Caamagno, entre outras.

Xurado do concurso de música 'Narf'. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Xurado do concurso de música 'Narf'. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta