Galicia adianta a apertura dos vacinódromos a este venres

A data inicial prevista era o luns 10

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2022 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

Galicia reabrirá este próximo venres, día 7 de outubro, os recintos de vacinación masiva, coñecidos como 'vacinódromos', para administrar a cuarta dose contra a covid-19. Así o confirmaron a Europa Press fontes da Consellería de Sanidade, que precisaron que, finalmente, conseguiu adiantarse o proceso e comezarase a inocular a cuarta dose nestes recintos o vindeiro venres. A data inicial prevista era o luns 10 e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, apuntara a semana pasada a posibilidade de adiantalo ao 8 de outubro.

Os primeiros que pasarán por estes centros de vacinación masiva serán os maiores de 80 anos, que serán citados por orde de idade e, cando conclúa este grupo, irán os maiores de 60, tamén por orde de nacemento. Antes, Galicia xa vacinou, durante estas pasadas semanas, aos usuarios das residencias.

Sanidade defende que o uso destes centros masivos --que en anteriores campañas non utilizaron os maiores de 80-- é máis áxil e cómodo. No entanto, o conselleiro, Julio García Comesaña, sinalou en varias ocasións que aquelas persoas que teñan problemas ou obxeccións para acudir aos mesmos, serán citados nunha 'repesca' nos centros de saúde.

Mocidade na Cidade da Cultura / César Argina - Europa Press / Europa Press
Mocidade na Cidade da Cultura / César Argina - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta